Deportes

SERGIO ROMEO FÍXOSE COA VITORIA NA CHALLENGE VOLTA AO BARBANZA


Esta fin de semana Boiro, Rianxo, Ribeira e A Pobra viviron a II Challenge Volta ao Barbanza, unha proba ciclista xuvenil que se dividiu en dúas etapas. Os participantes, chegados de diferentes puntos de España, déronse cita nesta segunda edición na que se percorreron máis de 178 kilómetros. A primeira etapa viviuse con emoción en Rianxo e Boiro onde os ciclistas pedalearon 88,9 kilómetros e nos que Pablo Lospitao fíxose co triunfo. Onte foi a quenda de Ribeira e A Pobra, a derradeira parte da proba onde se decidiu todo e na que Sergio Romeo, do MMR Academy, fíxose coa vitoria.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.