Esta fin de semana o Concello de Noia vestiuse de gala. O Coliseo Noela acolleu a celebración da VII Gala do Remo Galego 2023 na que o club local foi galardoado. O Mar de Noia foi o terceiro clasificado na xeral ao sumar 212 puntos dos resultados acadados en todas as categorías e modalidades. A cerimonia contou coa presenza do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, quen destacou o bo momento polo que está a pasar o remo galego. Tamén enxalzou a figura de Caetano Horta, remeiro noiés premiado na gala e que vén de competir nas olimpíadas de Tokio 2020 e está en camiño de repetir en París 2024.