Braulio Castro Gallardo foi homenaxeado polo BNG de Boiro no Día da Galiza Mártir

Braulio Castro Gallardo foi un veciño de Boiro condeado a pena de morte e asasinado o 23 de febreiro de 1937. O seu cadáver e o dos seus compañeiros foron soterrados nunha fosa común do cemiterio de Boisaca, en Santiago. Todo por loitar contra as inxustizas daquela época. No momento do seu fusilamento, tiña 25 anos e un fillo recén nacido. Por todo isto, o Bloque Nacionalista Galego de Boiro decidiu homenaxealo durante a xornada de onte aproveitando o Día da Galiza Mártir. O acto tivo lugar na rotonda de Cimadevila ás 21:00 da noite.

O seu delito, loitar contra falanxistas e caciques, e denunciado por un boirense de requisar armas nunha vivenda de Boiro. Ademais, Braulio foi acusado de pertencer a un grupo paramilitar adicado a fustigar e entorpecer o avance das tropas do «Glorioso Movimiento», así como de dirixir e capitanear un grupo de 20 persoas asignadas ao rexistro de domicilios e recolleita de armas.

Así mesmo, lembraron que o Día da Galiza Mártir se celebra cada 17 de agosto, pois é a data na que asasinaron a Alexandre Bóveda no ano 1936. Un galeguista bautizado por Castelao como o «mártir galego».

Por outra banda, o tesoureiro da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, Xoán Hermida, pediu que se recoñecesen ás vítimas do franquismo.

Braulio e seis compañeiros seus foron soterrados nunha fosa común. Por esta razón, o BNG, xunto co Concello de Santiago, tentará atopar a ubicación exacta para facer un recoñecemento a estes boirenses.

https://www.youtube.com/watch?v=fgb4irgvUEM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.