Ao longo destes 4 anos de lexislatura, o Goberno local de Noia levou a cabo numerosas actuacións. Moitas delas xa están rematas, sen embargo outras aínda verán a luz no futuro. O alcalde da vila noiesa, Santiago Freire, agarda darlle o empurrón final nun posible novo mandato. Un proxecto pendente de realizar é o novo centro de saúde, cuxos terreos xa foron adquiridos polo concello por máis dun millón de euros e postos a disposición da Consellería de Sanidade.
O NOVO CENTRO DE SAÚDE OU O CENTRO DE DÍA SON DOUS PROXECTOS QUE O ALCALDE DE NOIA QUERE CONVERTER EN REALIDADE NUN POSIBLE NOVO MANDATO


