Un incendio está arestora activo en Baroña e outro en Queiruga, Porto do Son. Trátase de lumes voraces que obrigaron ó desaloxo de vivendas, un camping e varias empresas. Así no caso de Baroña o lume comezaba as 6 da mañá e foi apagado polos equipos de emerxencias, mais ás 15:30 da tarde reiniciábase dunha maneira larmante. Malia os esforzos dos equipos de extinción o lume corre axudado polo vento, achégandose a unha vivenda e ó camping dos Castros que sobre as 8 da tarde tivo que ser desaloxado. Tamén se desaloxou a praia de Baroña. O alcalde de Porto do son Luís Oujo achegouse ata a zona.
A Consellería do Medio Rural vén de declarar, como medida preventiva, a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, pola proximidade do lume ao núcleo do Castro. O lume permanece activo , no seu control traballan 2 axentes, 4 brigadas, protección civil de Porto do Son, o Gaem de Ribeira, 2 helicópteros, 4 motobombas, Bombeiros de Ribeira, policia local e Garda civíl.
O lume corre con rapidez debido ó forte vento e achégase con perigosidade a varias vivendas e ó camping dos Castros. A situación é tan compricada que as sete da tarde obrigou a cortar a estrada que une Porto do Son con Ribeira. Arredor das sete e media prendían un novo lume en Queiruga, a situación é cada vez mais compricada.
Por outra banda, en Aguiño, iniciouse un lume arredor das 7 da tarde, detrás da mexilloeira, ata alí achegouse o protección civil da Pobra con varias motobombas, ó estar no incendio de Baroña todos os efectivos o Gaem de Ribeira. En unha hora a situación quedaba controlada. Tamén se achegou a ta a zona o edil de seguridade cidadá, Victor Reiríz para interesarse pola situación.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.