O concello de Boiro continúa co impulso ó deporte no municipio e crea a Escola Municipal de fútbol na que se integran as categorías base do CD Boiro, Club Fútbol Cabo da Cruz e S.D. Abanqueiro. 400 rapaces entrenarán nesta escola baixo a coordinación de Yago Iglesias.
O campo de fútbol de Vista Alegre acolleu a presentación desta nova escola de fútbol, no acto participaron Rafael Louzán Abal, Presidente da Federación Galega de Fútbol, Juan José Dieste Ortigueira, Alcalde, José Enrique Maneiro Fernández “Queiro”, Presidente da entidade Escola Fútbol Municipal (E.F.M.) Iago Iglesias, Coordinador Técnico da E.F.M. No campo de Vista Alegre tamén estiveron presentes os presidentes dos clubs integrantes da E.F.M , membros da directiva, os nenos participantes e as suas familias. O Presidente da EFM agradeceu ós directivos dos clubs a confianza depositada nel, e ó alcalde de Boiro polo traballo realizado, destacando que sin o seu apoio esto non sería posible.
A coordinacion da escola está baixo o mando de Yago Iglesias, un adestrador respaldado por un amplo currículum e os bos resultados logrados polos equipos que dirixiu, tras él un bo equipo de adestradores.
O presidente da Federación Galega de Fútbol destacou o bo traballo feito dende o concello de Boiro no impulso do deporte, apelando a que se siga o exemplo da xestión conxunta desta esola municipal de fútbol noutros deportes.
O alcalde de Boiro destacou que o esforzo realizado por todos durante varios anos para que esta escola de futbol municipal poudese hoxe ver a luz.
Tanto Dieste Ortigueira como os predecesores na presentación tiveron palabras de agradecemento para os proxenitores dos rapaces que se esforzan cada día en levalos os entrenamentos, destacaron ademais os importantes valores que se desenrolan neste deporte, onde ademais de crecer como futbolistas os nenos e nenas e crecen como persoas.
https://www.youtube.com/watch?v=2mEgozpES-A