Catro nenas e un neno saharauis pasan o verán con familias de Ribeira

Son moitos os nenos e nenas saharauis que cada ano visitan distintas localidades da comarca da Barbanza para desfrutrar do verán e da súa infancia, lonxe da difícil situación pola que está pasando o Sáhara Occidental. Grazas á solidariedade de numerosas familias poden vir a Galicia e alonxarse un pouco desa realidade. Esta mañá, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e a concelleira de Servizos Sociais, Esther Patiño, ofreceron unha recepción aos cativos no salón de plenos da Casa Consistorial.Tanto o alcalde como a concelleira agredeceron o apoio das familias de acollida e agardan que estas estadías sexan prósperas para a formación dos pequenos.

Ao remate do acto foron agasallados con diverso material escolar por parte do Executivo local.

https://www.youtube.com/watch?v=uATdWLinpgM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.