O salón noble da casa consistorial de Noia acolleu hoxe a presentación da XV Volta Ciclista a Galicia, este ano trasncorre en 5 etapas, das cales as dúas primeiras discurren por Noia. Ao acto asistiron Santiago Freire, alcalde de Noia; Ramón Santos, concelleiro de Deportes; José Pérez, concelleiro de Cultura e Turismo; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo (FGC); e Francisco Martínez e Ivan Lorenzo, representantes das FGC .
Trátase dunha proba que segundo explicou o concelleiro de deportes de Noia pretende retomar as inquedanzas ciclistas do municipio.
O presidente do comité técnico de árbitros, Iván Lorenzo destacou que Noia acollerá a saída da contrareloxo por equipos, no que participan mais de 18 equipos do país e tamén de Rusia ou Portugal.
As dúas primeiras etapas da volta a galicia, que terán inicio e final neste concello coruñés o 14 e o 15 de setembro. A primeira volta sae o mércores pola tarde dirección Muros, será unha etapa moi vistosa.
En total a volta percorrerá 600 km en 5 etapas, participan nela 18 equipos.
O alcalde de Noia agradece á Federación a celebración desta etapa na vila, que terá repercusión económica favorable no municipio.
https://www.youtube.com/watch?v=y69e7YIqCac