Esta mañá a conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou as instalacións de Amicos para comprobar de primeira man o avance das obras que se están a realizar. O Goberno galego concedeu 1,2 millóns de euros á entidade para ampliar a capacidade da súa residencia nun 70% coa creación de 25 prazas que se sumarán ás 37 que hai na actualidade.