O Concello de Lousame convoca o programa “Lousame Concilia”, un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no CPI Cernadas de Castro entre as 7:45 horas e o inicio das clases (9:45 horas). Trátase dun programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia.
O prazo de inscrición estará aberto durante a próxima semana, concretamente entre o luns 15 e o venres 19 de setembro no departamento de Servizos Sociais de Lousame, en horario de 10:00 a 14:00 horas. O único requisito indispensable para poder participar é que o menor estea empadroado en Lousame, cunha antigüidade mínima de un ano.
Á hora de establecer o baremo para a admisión dos pequenos, o Concello de Lousame valorará especialmente a situación laboral dos proxenitores. Así outorgará dous puntos a aquelas solicitudes cos dous proxenitores empregados e con 1 punto no casos nos que un dos proxenitores traballe. Para acreditar esta situación, as familias deberán presentar a nómina orixinal do mes de agosto selada e asinada pola empresa ou, no caso dos autónomos, o recibo bancario dese mesmo mes.
http://youtu.be/h16Kesq8nHY