Deportes

NA PRIMEIRA GALEGA O CIDADE DE RIBEIRA E A ESTEIRANA PROTAGONIZARÁN O DUELO COMARCAL DA XORNADA NA PROCURA DE TRES IMPORTANTES PUNTOS


A Primeira Galega contará esta fin de semana con duelos atractivos, entre eles o derbi entre a Esteirana e o Cidade de Ribeira. Un choque no que se verán a cara dous equipos con dinámicas opostas esta temporada, pero que comparten un obxectivo común: facerse cos tres puntos. O Puebla tamén loitara por facerse cunha nova vitoria na súa visita ao Negreira.

O Cidade de Ribeira quere reafirmar o seu liderado no grupo Costa/Santiago, algo que pasa por vencer a domicilio á Esteirana. Os de Muros, que son décimo cuartos, tamén irán a por un necesitado triunfo, xa que estanse a achegar á zona perigosa da clasificación e queren poñer terra de por medio. Os ribeirenses chegan a este encontro logo de gañar por 3-1 ao Lalín, mentres que a Esteirana perdeu pola mínima ante o Cordeiro polo que só teñen 6 puntos de renda co descenso. Este duelo de opostos vivirase mañá no Xosé Luis Vara e o esférico comezará a rodar sobre o verde ás 17.45 horas.

Mentres que o Puebla ten en mente poder rematar a xornada da oitava posición. Obxectivo que pasa por impoñerse ao Negreira a domicilio. Os pobrenses afrontan este partido logo de gañar por 7-3 ao Mazaricos na Alta, mentres que o seu rival perdeu por 1-0 co Flavia. Os xogadores de Xesús Baleato terán complicado facerse cos tres puntos, xa que se medirán ao segundo clasificado do grupo. Este encontro entre o Puebla e o Negreira celébrase o domingo ás 17.30 horas no municipal Jesús García Calvo,

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.