Directivos de Ambunova denuncian a presunta sabotaxe de dous vehículos

Os feitos polos que se presentou denuncia na comisaría da policía nacional de Ribeira aconteceron o 1 de agosto, cando dúas das ambulancias de Ambunova se avariaban a escasos 150 m da nave ubicada no lugar de Cruxeiras, en Ribeira. Nun primiero momento dende a empresa pensaron que se trataba dunha casualidade, pero unha vez levados ó taller os vehículos descubriron que contiñan zucre no depósito do aceite, a broma pode salirlle á empresa nuns 10,000 euros.

Dende a empresa destacan que esta circusntancia coincide no tempo cun conflicto laboral na empresa, malia que prefiren pensar que estes feitos non están relacionados.

Con oito traballadores de baixa e 7 ambulancias avariadas AMBUNOVA vese con dificultades para cubrir o servizo concertado coa Xunta. Polo que de momento xa deixou de cubrir o servizo de diálise e o servizo a pacientes oncolóxicos. Amais disto a partir do 17 de agosto hai convocada unha folga indefinida, e será O SERGAS quen deba establecer os servizos mínimos que a empresa debería cubrir.

https://www.youtube.com/watch?v=Q1maVw9Cf_M

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.