A quinta edición de «O Comercio na Rúa» resultou todo un éxito

Herboristerías, téxtil, calzado, complementos, deportes e outras variedades de establecementos achegaron os seus produtos aos consumidores do 5 ao 7 de agosto na Pobra do Caramiñal. O motivo era a celebración do evento «O Comercio na Rúa», o cal tiña dous obxectivos fundamentais. En primeiro lugar, achegar o produto ao consumidor; e, en segundo lugar, dar a coñecer novos establecementos que abrirán pronto as súas portas.

Así mesmo, fomentouse a integración coa incorporación de 10 mozos e mozas do CAD, AMBAR e Amicos, participantes dun curso de formación. Estes foron os encargados de participar na montaxe da feira o venres.

As boas temperaturas non mermaron a afluencia de xente a esta cita que foi especialmente boa durante a xornada do sábado. Ademais, o tramo que rexistrou maior número de asistentes foi a última hora. Pola súa banda, os comerciantes quedaron moi satisfeitos, xa que as ventas foron moi boas. Incluso mellor que as do ano pasado. Polo tanto, non resulta estraño que o balance sexa positivo.

A cita complementouse con actividades varias, como un DJ que amenizou as noites do venres e do sábado, así como o sorteo dunha tablet o domingo. As rifas repartíronse entre as primeiras compras e o número agraciado resultou ser o 159.

https://www.youtube.com/watch?v=7AlznTO653s

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.