As xogadoras do Noia veñen de disputar unha nova final para asegurar a súa presenza na Primeira División Feminina Arzúa-Ulloa, pero non puideron sumar ao verse superadas polo Tordoia. O anexo do Julio Mato acolleu o encontro correspondente á vixésimo terceira xornada da competición e era vital para o futuro das brancas gañar, pero o Tordoia foi superior e levouse os tres puntos ao impoñerse por 2-4.