A Pobra do Caramiñal bailará ritmos latinos este domingo

A praza do Emigrante da Pobra do Caramiñal convertirase en pista de baile o domingo 14 de agosto a partir das 20:30 da tarde. O motivo é a celebración do evento «¡A Pobra Baila!», onde máis de 40 bailaríns demostrán a súa destreza na danza ao ritmo de distintas modalidades como salsa, bachata ou cha cha cha. Nesta cita participan a Escola Municipal de Salsa e Ritmos Latinos do Concello da Pobra, a Escola de Baile El TomaSON, a Escola Salsanova de Betanzos e unha parella de bachateros de Ferrol composta por Israel Santos e Antía Otero. Esta actividade está organizada pola Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal e a Escola de Baile El TomaSON coa colaboración da Deputación da Coruña.

https://www.youtube.com/watch?v=ASqEMCEp8Mo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.