O Campamento Urbano e Deportivo 2016 «O Circo» chega ao seu fin esta semana e, para clausuralo, realizaranse unha serie de actividades. Os xogos de auga e animación musical serán os protagonistas na Festa da Auga que se celebrará mañá no Instituto Félix Muriel. Para o xoves, a Xunta de Galicia organizou a excursión «O sabor da aventura está no mar», a cal permitirá unha visita ao porto, á lonxa e ao Museo do Mar. A Festa de Clausura terá lugar o venres de 11:00 da mañá ata as 13:00 da tarde no Campo de Arriba con actuacións, xogos ou obradoiros, entre outros; mentres que a partir das 18:00 procederase á realización dunha Acampada Fin de Campamento no Pavillón de Taragoña e a súa duración estenderase ata as 11:00 da mañá do sábado.
Por outra banda, o Centro Cultural do Araño acollerá o mércores, ás 23:00 da noite, a proxección do filme «James y el melocotón gigante». O sábado terá lugar o XII Ciclo de Bandas coa Banda Municipal de Padrón no Parque da Martela ás 21:00 da noite; mentres que, ás 22:30, a praza de Rafael Dieste servirá de escenario para Xardín Desordenado que presentará «Manuel María entre amigos», unha cita enmarcada dentro de «Música na Noite». O domingo, Nestor Pardo actuará no Paseo da Ribeira a partir das 13:00 da tarde con motivo do evento «Vermús Musicais»; mentres que, ás 21:30 da noite, tócalle o turno ao XIV Festival de Baile e Música Tradicional da Escola Aleivosía na praza de Rafael Dieste.
Así mesmo, do venres ao domingo celebraranse as Festas do Verán en Asados e o sábado terá lugar a Festa da Solla en Leiro.
https://www.youtube.com/watch?v=al3YXP2JrYA