O torneo de baloncesto consolidouse en Portosín

Portosín acolleu a XVI edición de Basket 3×3, un clásico da programación cultural e deportiva do verán no concello sonense. Incluso bateu o seu récord de participación ao inscribirse 46 equipos dentro das categorías KIDS, U-16, ELITE e MÁSTER. O torneo celebrouse a elevadas temperaturas en horario de mañá e de tarde.

Un evento que cada ano vai a máis e para o cal se están barallando distintas opcións co obxectivo de que medre. Entre elas atópase a ampliación das categorías incluíndo a SUB-16, obrigando isto a engadir un día máis de competición.

Nesta edición disputáronse máis de 90 partidos, nos cales participaron máis de 200 xogadores que procedían das principais cidades de Galicia.

Este torneo naceu do Concello, aínda que na actualidade atópase organizado conxuntamente polo Clube de Baloncesto de Porto do Son e polo propio cabido.

https://www.youtube.com/watch?v=cYY1O0NkCPc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.