Rianxo

A candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón , defendeu en Rianxo o sector do mar

Ana Pontón desprazouse ata Rianxo o sábado, onde acompañada polo alcalde Adolfo Muiños, a candidata nº 3 pola provincia da Coruña, Rosana Pérez e a responsable comarcal, Cristina Andrade así como por membros de ASPROMERI (Asociación de produtores mexilloeiros de Rianxo) visitou unha batea para coñecer de preto o traballo de produción do mexillón. En Rianxo Ana Pontón criticou as políticas pesqueiras e defendeu o sector do mar como un dos piares fundamentais para o desenvolovemento da economía de Galicia.

A candidata do BNG á presidencia da Xunta reuniuse tamén co Patrón Maior de Rianxo e visitou a lonxa e o porto, onde explicou a necesidade de dar un cambio de rumbo ás políticas pesqueiras, de apostar pola innovación para crear emprego no mar, e de xestionar o mar en Galicia.

A nacionalista destacou tamén a importancia do mexillón, e a necesidade de diferenciar o galego do foráneo.

Pontón comprometeuse en Rianxo a sanear as rías na próxima lexislatura. Tralas reunións cos distintos sectores Ana Pontón participou no Xantar da Festa do mexllón de Rianxo.

https://www.youtube.com/watch?v=MT9uTEDf314

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.