Remataron as festas de verán en Ribeira onde as actuacións de Macaco, Susana Seivane e Seguridad social foron os platos fortes. A praza de España vibrou as noites do fin de semana, as actuacións foros seguidas por milleiros de persoas.’ Cabe destacar tamén o bo papel das orquestras, que atraeron a centos de persoas coas cancións máis populares deste verán. Pero a festa tivo tamén unha parte relixiosa, coa celebración da misa na honra da Virxe do Carme na lonxa de Santa Uxía, á que ademais de centos de veciños e veciñas asistiron as autoridades, encabezadas polo alcalde Manuel Ruiz Rivas. A celebración estivo acompañada da actuación musical do coral polifónica de Ribeira.
Trala eucaristía os ferigureses sairon en procesión coa imaxe da Virxe do Carme, a patroa dos mariñeiros embarcou a bordo do cerqueiro Playa de Covas, surcando un ano mais a ría , acompañada de varios arrastreiros, e planeadoras.
O día despois das Festas de Verán de Riveira acolleu o acto de recepción no Consistorio Local ás raíñas da flor que foron coroadas onte ademais de protagonizar un desfile de carrozas polas rúas da cidade.
Foi o alcalde Manuel Ruiz quen recibiu a estas pequenas, nun evento que serviu tamén para agasallar os mellores xardíns das nove parroquias do municipio.
Neste último senso, os responsables dos mellores xardíns foron Pepita Pérez Ageitos (Santa Uxía), Manola Piñeiro Paz (Aguiño), Teresa Pérez Pérez (Castiñeiras), Ángeles Rodríguez Folgar (Palmeira), Lola Pérez Prego (Carreira), Carmen Pérez Gómez (Olveira), Manola Sanlés Montemuíño (Oleiros), Maricarmen González González (Artes) e Rafael Armental Pérez (Corrubedo)
Finalmente, como todos os anos as raíñas da flor e os xardineiros e damas da flor recibiron paquetes de lambetadas nun acontecemento que tamén contou coa intervención da presidenta da Asociación de Amas de Casa, Magdalena Bringas, e da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Pereira.