Rianxo é cuna do mexillón, o sábado comezaba a feira gastronómica de exaltación do mexillón de Galicia, que xa vai pola 7º edición, un evento que atrae multitude de persoas de toda a comarca e no que degustar ademais de exquisitos platos a prezos populares se apoia o club de Remo de Rianxo.
Ata a carpa instalada na praza de Castelao achegáronse numerosas persoas que deron boa conta das 3,500 racións preparadas pola organización do evento. Os comensais tiveron a oportunidade de degustar os mexilóns preparados de 7 maneiras diferentes, e mesmo con pratos innovadores.
Dende o concello de Rianxo apoian esta festa gastronómica na que se potencian os productos da vila, e que xunto á festa de exaltación da xouba fan de Rianxo un referente destes productos pesqueiros.
A festa do mexillón foi organizada polo club de Remo coa colacoración do concello de Rianxo.
https://www.youtube.com/watch?v=HT68Eyk9WbE