María Vilas debutou con agallas nos XXOO de Río

María Vilas, a serea de Castiñeiras, integrante do CN Riveira, debutou nos XXOO de Río na proba de 400 estilos o pasado sábado, malia que non puido clasificarse para a final nesta proba, a ribeirense fixo un moi bo papel quedando en quinta posición na súa serie cun tempo de 4:42.52.
A Ribeirense volteou en segunda posicion ós cen metros volboreta, logo foi perdendo posicións. Consiga medalla ou non en Rio, María xa fixo historia, ós seus 20 anos é a primeira Deportista nada en Ribeira que participa nuns Xogos Olímpicos. María conta con máis de 40 récords galegos en distintas idades e en varios estilos. Con só doce anos, conseguiu o subcampionato absoluto de Galicia en 200 m braza. Con 15 anos participou nos campionatos de Europa de natación júnior, en Belgrado, onde obtivo dúas medallas de ouro, nos 1500 m libres e nos 400 m estilos. E con 15 anos no mundial júnior de Lima, logrou un quinto posto nos 1500. Nos Europeos júnior con 16 anos obtivo o ouro en 800 m libres, a prata nos 400 m estilos e o bronce en 1500 m libres e no relevo 4×200. Toda unha promesa no deporte e un exemplo a seguir.

Non queda un recuncho en Ribeira onde este fin de semana non se falase desta moza, o sábado os seus seguidores reuníanse en diferentes lugares para apoiala e ver o seu debut, unha pancarta pendura da casa consistorial amosando o orgullo do seu pobo, os ribeirenses voltarán estar pendentes das radios e televisores o próximo xoves.
As 18.50 horas disputará a súa segunda proba, os 800 libre, na que como sempre e coa mesma ilusión, dará o máximo para acadar un gran resultado.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.