martes, octubre 3, 2023

BREAKING

Xullo foi o mes mais seco dende que hai rexistros

O calor volve a Galicia tras vivir o último mes de xullo máis seco dende 1873 segundo se desprende o informe de MeteoGalicia., neste mes de xullo que acaba de rematar choveu un 87% menos do normal.
Durante Xullo o predominio das condicións anticiclónicas foi prácticamente total, coas posicións do anticiclón cambiando entre Azores e o norte da península Ibérica. Isto deixou moitas xornadas con aire procedente do norte de África ou ben do sur da península Ibérica, polo que ademais de impedir que ningún sistema frontal se achegase a Galicia, as temperaturas foron en xeral elevadas. O mes comezou precisamente con dúas das escasas xornadas de situación intermedia entre altas e baixas presións, con ceos parcialmente anubrados e temperaturas relativamente baixas para a época do ano. A partir do día 3 o predominio foi anticiclónico, incrementándose a temperatura por riba dos 30ºC na metade sur e manténdose estes valores elevados ata o día 9. Na xornada do 18 de xullo deuse o rexistro máis elevado en temperatura de todo o mes con 42.2ºC no concello de Leiro. A isto hai que engadir que nalgúns puntos de Galicia, particularmente nas Rías Baixas, as temperaturas nocturnas non descenderon por debaixo dos 20ºC, ocasionando noites tropicais. Nas últimas horas do día 18 e nas primeiras do 19 tivemos algúns fenómenos tormentosos pola entrada de aire frío en altura. O mellor mes do verán en anos, para os bañistas.

Tras un día de tregua o aire cálido dende o sur volta a Galicia, o ceo estará despexado durante todo o fin de semana con ascenso entre lixeiro e moderado das temperaturas que superarán os 30º na comunidade. Preparen os bañadores e o protector solar.

https://www.youtube.com/watch?v=y-qQiUWRAJo

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.