Os plans de actuación da Deputación recén aprobados e o bo estado das arcas municipais dalgúns concellos permiten avanzar na dotación de saneamento ós concellos da Barbanza, como é o caso de Rianxo que vai invertir 300,000 euros nesta materia. Xa se están a ultimar os detalles para sacar a licitación obras de saneamento en Outeiro de Barral e Outeiro de Taragoña
Este ano tamén se vai por en marcha un proxecto piloto na zona de Cerqueiras, creando unha rede autónoma de saneamento. De ser satisfactorio o seu funcionamento realizarase este tipo de actuacións noutros lugares do municipio.
O rexedor rianxeiro destacou que quedan actuacións pendentes, unda delas e a realización por parte da Xunta dun tramo en Isorna e Leiro.
En Rianxo van avanzado e agardan chegar nos próximos anos a consecución do 100% do saneamento no municipio.