O Club Pádel Riveira pon en marcha o seu primeiro torneo de verán en Coroso

O torneo vaise celebrar os dias 12, 13 e 14 de agosto no Centro de Raqueta en Coroso, trátase do Primeiro Torneo de Pádel: un evento organizado polo Club Pádel Riveira en colaboración co Concello. A presentación realizouse na casa consistorial de Ribeira, compareceron o presidente e o secretario da entidade, Andrés Lijó e Juanjo Rivas, e a primeira tenente de alcalde Fabiola García.

Así Andrés Garcia destacou que o club, a pesar de non contar todavía cun ano dende a súa creación, xa ten un cento de socios sendo este o terceiro torneo que organizan.

O torneo conta con importantes premios para os campións, como reloxos de distintas marcas, lotes de conserva ou material deportivo, ademais de premios en metálico cedidos pola xoiería Jael, que xunto a Luis Escurís Batalla, Churrasquería Albariño, Neumáticos Tino, Revolutrion e Juan Pego, patrocina o torneo.

No evento da seguinte fin de semana haberá tanto categoría masculina como feminina e mixta. O prezo de inscripción é de 12 euros para os socios e 15 para os non socios. Ademais, para aqueles que compitan en dúas categorías á vez o importe será de 20 euros (socios) ou 25 (non socios).
O prazo de inscrición remata o vindeiro 10 de agosto, ons interesados poden anotarse no teléfono 651 345 666.

https://www.youtube.com/watch?v=wcjjwbAvGnE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.