Esta mañá botou a andar a feira de rebaixas , Boiroferta, ubicada na praza de A Boqueira de Anegral en Boiro, 13 stands de variados sectores, textil, calzado, complementos, roupa infantil, decoración, agasallo e deportes ofrecen os seus productos con descontos de mais do 50%, Entre os primeiros en vistar a carpa atopamos ó presidente da ABE, Oscar España e o concelleiro de comercio de Boiro, Diego Santamaría.
Nas primeiras horas de apertura xa foron moitos os veciños da comarca e visitantes que se achegaron na busca das mellores ofertas.
Dende o concello de Boiro manteñen o seu apoio ó comercio local.
As ventas neste primeiro dia foron boas, polo que a maioría de comerciantes están satisfeitos,
e satisfeitos tamén os clientes.
https://www.youtube.com/watch?v=KGrrAioufho