Medio Ambiente destina preto de 200.000 euros á renovación das beirarrúas da Avenida da Coruña, no concello de Ribeira

A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, María Jesús Lorenzana, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, asinaron un convenio de colaboración para renovar as beirarrúas da avenida da Coruña, co obxectivo de dotar a este espazo de maior seguridade viaria e peonil.

Os traballos, nos que a Xunta investirá 199.317 euros, basearanse na renovación destas beirarrúas e tamén na mellora das redes pluviais de saneamento. En todo o itinerario das beirarrúas habilitaranse puntos estratéxicos, con pasos adaptados para mellorar as condicións de accesibilidade desta zona.

Segundo o documento técnico presentado polo concello, o ámbito no que se actuará abrangue a avenida da Coruña, dende o cruce coa rúa Vionta ata o cruce coa estrada a praia. En virtude deste convenio poderase proceder xa a licitación das obras.

Esta actuación inscríbese no Plan Hurbe, posto en marcha en 2010 polo Goberno galego e que ten un triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial en Galicia. Para conseguilo, o Plan Hurbe inclúe tres programas de actuación: humanización das rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos públicos, referidos especialmente aos de carácter cultural e social.

https://www.youtube.com/watch?v=pD0RgDOq9qo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.