O candidato do PSOE á Xunta Xoaquín Fernández Leiceaga reuniuse en Boiro con representantes socialistas do Barbanza

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, reuniuse en Boiro con representantes socialistas da comarca do Barbanza para trasladar que o partido “está preparado para un novo horizonte” .

Leiceaga conversou cos alcaldes, portavoces e cargos orgánicos e institucionais da comarca dos temas que preocupan no Barbanza, como é o caso da acuicultura.

O candidato do PSdeG considera fundamental “a mobilización” do voto progresista, destacando que “O cambio é posible e os socialistas son a alternativa ao Partido Popular”.

https://www.youtube.com/watch?v=vvJaEQ4hnxs

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.