A situación económica de moitas familias en España cambiou nos últimos tempos. Un feito que está empezando a repercutir na alimentación. Así o revelou un Informe Kellogg’s sobre a pobreza alimentaria en España realizado entre xaneiro e febreiro deste ano. Destaca que unha de cada catro familias reduciu algunha comida na dieta diaria para aforrar.
AS FAMILIAS CON INGRESOS INFERIORES AOS 15 MIL EUROS REDUCEN AS COMIDAS DIARIAS PARA AFORRAR


