A sala Bradomín do Museo Valle-Inclán da Pobra estará presidida dende hoxe por unha talla en madeira do Marqués de Bradomín

Trátase dunha escultura tallada en madeira de oliveira e doada polo artista Ricardo Dávila Santos a este centro museístico co gallo do 150º aniversario de don Ramón del Valle-Inclán. Esta mañá o alcalde da Pobra Xosé Lois Piñeiro e o propio escultor, Ricardo Dávila, firmaron o convenio da doazón. No acto, no que ademais se presentou a escultura estiveron acompañados pola concelleira de cultura, Genoveva Hermo e o director do Museo, Antonio González.

O Director do museo agradeceu a doazón, destacando a importancia desta obra, e agradecendo a implicación do escritor con este concello.

Ricardo Dávila naceu na Pobra, e malia que vive fora dela pasa aqui os veráns mantendo un forte vínculo coa zona. Así lembrou os seus anos de nenez, onte tomou contacto coa figura do Marqués de Bradomín, que o inspirou para a realización desta obra.

O alcalde da Pobra agradeceu a doazón amosandose encantado coa obra.

Dende o Museo destacaron a intención de por en marcha en colaboración coa concellería de cultura actividades de promoción do museo entre o público local.

https://www.youtube.com/watch?v=48Cq-ks73nQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.