“Traslatio- Peregrinaxe Ruta Xacobea Mar de Arousa e Ulla”

O boirense Carlos Barcala realizará a Traslatio- Peregrinaxe Ruta Xacobea Mar de Arousa e Ulla a nado e a correr, todo un reto que esta mañá foi presentado na casa consistorial de Boiro polo propio deportista, a xerente da Mancomunidade Arousa Norte, Maruxa Ledo, o presidente da Mancomunidade Manuel Ruiz, os alcaldes de Rianxo e a Pobra, Adolfo Muiños e Xosé Lois Piñeiro respectivamente, e o concelleiro de medio ambiente, Juan Antonio Moledo.

A mancomunidade Arousa Norte apoia ó deportista neste reto coa promoción da ruta, ó concordar cos obxetivos da mancomuidade de promocionar a ruta da traslatio e a comarca en xeral.

Carlos Barcala, boirense de 37 anos fixo o pasado ano a ruta de Salvora a Catoira, 35 km dos que nadou 32. Agora plantéxase o novo reto de 60 km, nadará dende Ribeira ata Ponteceso, 35 km, e logo correrá os 25 restantes. Sairá dende Ribeira o sábado 6 de Agosto as 7 da mañá. A súa intención é promocionar a súa web axenda deportiva.com e animar a xente a que practique deporte.

Todo un reto para calqueira deportista, o mozo preparouse durante todo o ano, e xa realizou varias probas para comprobar a resposta das correntes. Irá acompañado dun equipo de 20 persoas durante o traxecto, e tratará de lograr a compostela.

https://www.youtube.com/watch?v=tNyHN-NnnEM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.