Jorge Mira fascinou co seu pregón aos ribeirenses

Ribeira xa está en festas desde onte, día dedicado á emigración. A xornada comezou ás 09:30 da mañá con 21 bombas de palenque encargadas de anunciar o comezo do día e de levantar aos ribeirenses das súas camas. Media hora máis tarde, as dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas O Rueiro dos Fillos de Palmeira animaban as rúas e a cidade ía quentando motores para as cinco xornadas de troula que lle esperan. Ás 12:00 do mediodía tivo lugar unha actuación do pallaso Popín coa función «Popín Palomero». O físico, investigador e divulgador científico, Jorge Mira, procedeu a dar o pregón ás 22:00 da noite dende o balcón da Casa do Consello. Durante o seu discurso fixo referencia á envexa que senten os forasteiros da xente que vive neste punto da comarca da Barbanza, pois está tocado pola man de Deus. Ou isto é o que afirma unha lenda, na cal se relata que, cando Deus descansou tras a Creación, apoiou os seus dedos sobre a terra e xurdiron as rías galegas. Segundo Mira, a ría de Arousa corresponderíase co dedo corazón. Así mesmo, gabou o espírito festeiro dos ribeirenses, xa que a Festa da Dorna rematou fai escasos días.

A continuación, a Orquesta Saudade puxo o ritmo no Malecón ata ben entrada a madrugada. Actividades que constitúen unha pequena mostra da variada programación que ofertarán as Festas do Verán deste 2016.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.