Durante o último ano a Consellería de Política Social levou a cabo unha iniciativa para levar todos os servizos necesarios aos municipios galegos. Para iso desenvolveuse o programa de Coidados porta a porta, co que se levou atención sociosanitaria gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a máis de 35.000 persoas maiores de Galicia. Así o precisou a conselleira Fabiola García na súa visita ao furgón de Coidados porta a porta situado en Ribeira.
O PROGRAMA DE COIDADOS PORTA A PORTA IMPULSADO POLA XUNTA ATENDEU A 35.000 MAIORES EN GALICIA NO ÚLTIMO ANO.


