Muros

Muros avanza no seu saneamento

700.000 euros son os que se están a investir en saneamento no concello de Muros. Un investimento importante correspondente ós plans provinciais do POS e o PAS. O equipo de goberno muradá considerou importante dar este destino ás achegas provinciais para favorecer o sectores económicos relacionados co mar.

Malia a importante inversión que se está a realizar todavía queda moito por facer neste municipio, segundo afirmou a alcaldesa, Abelleira e Torea están a espera desta importante dotación.

As obras do saneamento na Rocha supoñen unha inversión de 283,845 euros, onde se teñen que realizar as obras de condución de emisións residuais, polo que os fondos da Deputación servirán para paliar esta carencia.

https://www.youtube.com/watch?v=6WA7DPnpA0U

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.