Rianxo

O Club de Remo Rianxo gaña na casa

O Club de Remo Rianxo consolida o seu liderazgo tras gañar na casa o pasado Domingo.
Tras a victoria do sábado na XXVII Bandeira Concello de Cangas, a tripulación da Virxe de Guadalupe chegaba á súa proba líder da clasificación da LGT B e con dúas vitorias seguidas, co claro obxetivo de brindar unha bandeira a súa afeción, que abarrotaba o peirao de Rianxo dende primeira hora da mañá.
Os remeiros de Cabo de Cruz B e os rianxeiros, foron á par na terceira virada, pero nun último longo magnífico, os locais lograban a vitoria . Nesa mesma quenda, o CM Mera lograba a terceira posición por diante dun CR A Cabana Ferrol que tivo un percance ao caer o seu piqueiro ao mar na primeira ciaboga, quedando así alonxado dos postos de cabeza e caendo ata última posición, pese ao cal segue a manter a terceira posición na clasificación xeral.
Na primeira quenda saltou a sorpresa, dado que o CR Vila de Cangas, que viña encadeando unha serie de resultados negativos, fíxose coa vitoria, logrando un meritorio cuarto posto no xeral da regata, que os alonxa da última posición, na que parece estancada a Carmela do CR Puebla B. O CR Narón continúa coa súa regularidade e gañando experiencia, quedando segundo nesta quenda e facendo méritos para entrar na quenda da honra.
A Bandeira foi entregada polo Alcalde do Concello de Rianxo, Adolfo Muiños, mentres que o maillot de líder entregouno o Patrón Maior da Cofradía de Rianxo, Miguel Ángel Iglesias.

https://www.youtube.com/watch?v=9y9-Vg304CU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.