Outes acometerá seis actuacións no municipio con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. O POS 2023 foi aprobado por unanimidade no pleno extraordinario deste mes por un importe de 770 mil euros, que irá destinado ao mantemento de infraestruturas, a mellora das condicións de habitabilidade nos núcleos rurais e a modernización do equipamento deportivo.
O CONCELLO DE OUTES APROBA POR UNANIMIDADE O POS 2023 POR UN IMPORTE DE PRETO DE 800 MIL EUROS


