O Berberecho está desaparecido da Ria de Arousa, dende fai varios anos, a causa parece ser o parásito denominado martelia, que acabou coa especie. Son numerosas as investigacións que se están a realizar sobre a materia, mais todavía sen resultados positivos. Dende o 2012 desapareceu prácticamente toda a especie deste vibalbo na Ría de Arousa, causando grandes prexuízos económicos en cofrarías como a de Rianxo, onde o berberecho era a especie principal.
Os mariscadores dan conta da gran cantidade de desove que se aprecia nos bancos marisqueiros de Rianxo, pero o problema dase cando acada unha talla maior e comeza a morrer. Agora parece que dende os centros de investigación se traballa na produción dun híbrido inmune á martelia,
Dende a cofraría de Rianxo amósanse reticentes a producción de híbridos, a súa aposta sería a especie autóctona, atopando unha solución para erradicar o parásito.
En Rianxo pasouse de recoller mais de 200 toneladas por ano a tan so, 2119 kl no 2013, 56 kl no 2014, 40 kl no 2015 e 8261 kl no que vai de ano.
https://www.youtube.com/watch?v=59nR55ybR1I