O sector do cerco en Galicia non está a pasar por un bo momento, polo que verían con moi bos ollos un adianto do inicio da campaña da sardiña. Os cerqueiros galegos queren seguir a liña marcada polos pescadores andaluces, que recibiron o apoio da Junta á petición do sector de comezar a capturar esta especie no golfo de Cádiz a comezos de marzo.
ARMADORES DE CERCO GALEGO RECLAMAN ABRIR A PESQUEIRA DA SARDIÑA EN MARZO.


