Icono del sitio CanalBarbanza.com

A XUNTA REUNIRÁ AO CONSELLO GALEGO DE PESCA PARA ANALIZAR O PLAN DE ACCIÓN CO QUE BRUXELAS BUSCA VETAR AO ARRASTRE NO 30% DAS AUGAS EUROPEAS

Cartel de YouTube
Esta semana a Comisión Europea, a través do comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginius Sinkevicius, anunciou un novo veto ao arrastre nun terzo das áreas mariñas protexidas que comezará en marzo do 2024 e que se estenderá a todas elas no 2030. Para preparar un plan de acción a esta medida, a Xunta reunirá ao Consello Galego de Pesca nos vindeiros días para analizar polo miúdo co sector pesqueiro o ditame encargado polo Goberno galego á Fundación MarInnleg sobre o paquete de políticas marítimas presentado esta semana pola Comisión Europea.

Salir de la versión móvil