A 11ª edición da feira de oportunidades do comercio de Boiro abre mañá as súas portas

Ubicada na praza de A Boqueira de Anegral a Boiro oferta abre as súas portas o venres dia 5 de Agosto. Baixo a organización da ABE a décimo primeira edición de Boiroferta presenta productos variados con descontos de ata o 70%, co fin de axudar aos comerciantes locais a liberar stocks.
A feira celebrarase nunha carpa de 500 metros cadrados e nela instalaranse 13 stands de variados sectores, textil, calzado, complementos, roupa infantil, decoración, agasallo e deportes.
Ademais da actividade de venda a ABE ten previsto colocar un inchable gratuíto para os nenos.
O horario Venres 5, sábado 6 e domingo 6 é de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 22:00 horas. Os inchables estarán dispoñibles o Venres 5, sábado 6 e domingo 7 de 12:00 a 14:00 horas e de 19:30 a 21:30 horas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.