¿Somos precavidos cando imos á praia?

¿Somos descoidados os bañistas ou son pícaros os ladróns? Esta é a pregunta, a resposta pode variar, según o caso, máis o que non debe variar son as precaucións a tomar cando se vaia a praia. A maioría de bañistas deixan todo gardado no bolso baixo a sombrilla ou a toalla mentres van refrescarse a auga ou dar unha boa camiñata sobre a area, os mais precavidos tratan de levar os obxetos de valor consigo, ou mesmo deixalos no coche. O certo é que nas praias sempre se produce algún furto ou extravío, polo que o mais recomendable é levar nun bolso ou bolsa impermeable os obxetos de valor, móbil, chaves do coche e da casa, diñeiro, cámaras de fotos, sempre que non se poidan deixar na casa. Porén as praias do Barbanza parecen ser seguras, polo que relatan os usuarios das mesmas.

Así e todo nengunha precaución é pouca, vaian tranquilos á praia que o calor apreta, pero non perdan de vista o bolso.

https://www.youtube.com/watch?v=jsCaS1mv6aE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.