O espectáculo «bicirco» de the freak cabaret circo atraca o venres 5 de agosto ás 20:30 h. no Cantón da Leña.

Trátase dun espectáculo familiar para todas as idades. Un circo que viaxa sobre tres rodas. Un biciclo do século pasado trasformado nun espectáculo ambulante. Un circo sostible que non emite gases nin polución, alternativo, funcional, autopropulsado e ben equilibrado, no que Dimitri Cavalli, un excéntrico persoaxe, mosatrará as súas increibles habilidades circenses .

Este espectáculo está organizado pola Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal e coa colaboración da Deputación da Coruña.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.