Un incendio calcina en Lousame mais de 6 hectáreas de monte

O incendio iniciábase arredor das 5:30 da tarde, o lume afecta a parroquia de Tállara, en Lousame. Na extinción do incendio están a traballar numerosos medios terrestres e aéreos, 4 axentes forestais, 10 brigadas, 7 motobombas, 2 palas, 5 helicópteros, 2 hidroavións e varias brigadas de voluntarios de proteccion civil de Boiro e Lousame. De momento o lume xa calcinou 6 hectareas de monte, e continuaba activo durante a redaccion deste informativo. Os incendios están a arrasar boa parte do monte en Lousame, no pasado mes de maio un incendio arrasaba mais de 9 hectáreas en Vilacoba,

Cabe destacar que a maioría dos lumes son intencionados, precisamente Axentes da Xefatura da Policía Autonómica en Santiago detiñan o pasado 19 de xullo o presunto autor de tres incendios forestais intencionados nos que arderon máis de 3.500 metros cadrados de monte no concello de Lousame.

Os incendios rexistráronse o 4 de maio, o 29 de xuño e o 5 de xullo, respectivamente, na parroquia de Fruime , unha zona considerada como unha das de maior actividade incendiaria. Estes incendios rexistraron as mesmas características e modus operandi tanto nas franxas horarias, como nos medios empregados para causar os mesmos.

Na actual campaña anti-incendios, a Policía Autonómica xa leva investigadas a trinta e unha persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.