Duas persoas resultaron feridas nun accidente rexistrado esta tarde en Aguiño

Arredor das catro da tarde rexistrábase un accidente na estrada que une Aguiño con Castiñeiras, a altura dos Areeiros, dous turismos colisionaban
Supostamente, un Audi con pracas de matrícula C 2398 BP conducido por un mozo de arredor de 30 anos veciño de Aguiño que procedía da rúa Andrés Torres Queiruga, incorporouse á estrada provincial 7,307 colisionando cun seat iBIZA, 5075 DFP conducido por unha moza de Aguiño.
A moza foi trasladada ata o hospital da Barbanza por unha ambulancia con dor no peito. Ata o lugar achegouse a policia local de Ribeira que regulou o tráfico, a garda civil encargouse de realizar o informe de atestados.

https://www.youtube.com/watch?v=8hihEJKTq30

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.