As vendas de coches crecen un 3% en xullo en Galicia

As vendas de turismos e todoterreos no mercado galego situáronse en 3.785 en xullo, nos sete primeiros meses do ano o aumento é do 6,1%, segundo os datos das asociacións de fabricantes Anfac. O mes de xullo, a pesar de contar con dous días laborables menos que o mesmo mes do ano pasado converteuse no quinto mes consecutivo no que superou a barreira das 100.000 unidades vendidas en España . Nos sete primeiros meses do ano, as entregas de automóbiles en España situáronse en 730.540 unidades. As vendas de coches creceron nun 3% en xullo en Galicia. Na comarca do Barbanza a situación é similar, falamos co xerente de Ford Motor Boiro, Jose Manuel Abelleira, quen afirmou que as vendas de coches comezaron ben no primeiro trimestre do ano, para logo ralentizarse, en xullo iniciaron a recuperación.

O Plan Pive cofinanciado polo goberno e os concesionarios rematou en xullo, o balance foi postivo.
Dende Anfac destacan que en España nestas 8 edicións do Plan Pive retiráronse 1,1 millóns de vehículos antigos da circulación.

Os vehículos mais demandados actualmente son os utilitarios de gama media alta, e os monovolumen.

De cara ó futuro máis proximo dende os concesionarios queren ser optimistas, malia sentirse preocupados pola actual situación que atravesa España, a inestabilidade refléxase nas vendas.

https://www.youtube.com/watch?v=-BddO8eAFAw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.