Herboristerías, téxtil, calzado, complementos, deportes e outra variedade de establecementos achegarán os seus produtos ós consumidores do 5 ó 7 de Agosto na Pobra. A casa consistorial da Pobra acolleu a presentación do evento, no acto participaron ao alcalde Xosé Lois Piñeiro, a concelleira de comercio, Charo Varela e a presidenta da asociación do pequeno comercio da Pobra, Amparo Cerecedo.
A Feira do comercio na Rúa ten dous obxetivos fundamentais, achegar o produto ó consumidor e dar a coñecer novos establecementos que abrirán pronto as súas portas.
Ademais foméntase a integración, coa incorporación de 10 mozos e mozas do CAD, Ambar e Amicos, participantes dun curso de formación, que van participar na montaxe da Feira o venres. A feira vai xa pola súa quinta edición, e cada vez da maior saída ó produto de temporada.
O rexedor pobrense agradeceu ó CCA O Deán a organizacion desta feira que atrae comercios de fora da bisbarra, e destacou a intención do concello de continuar colaborando co comercio da vila.
A feira compleméntase con actividades varias, como un DJ que amenizará as noites do venres e o sábado, e o sorteo dunha tablet o domingo. As rifas repartiranse entre as primeiras compras e o número gañador publicarase no facebook do CCA O Deán.
A feira abre o venres a pratir das cinco da tarde, e o sábado e domingo de dez da mañá a 11 da noite.
https://www.youtube.com/watch?v=ca_3yaEsGFw