Sin categoría

«O Cabaleiro das Cunchas» recalou en Cabo de Cruz

A ruta marítima «O Cabaleiro das Cunchas» fondeou no porto deportivo Marina Cabo de Cruz, converténdose este na terceira etapa da travesía dentro do calendario de peregrinaxe. Alí desembarcaron ao redor de cen persoas, as cales foron recibidas polo alcalde de Boiro, Juan José Dieste. As embarcación saíron do país luso en dirección ás Rías Baixas ata chegar ao porto máis cercano a Santiago. Nesta ocasión, o elixido foi o de Cabo de Cruz. Tras pasar a noite repoñendo forzas, hoxe partían en autobús ata o Monte do Gozo, lugar no cal comezaría a súa peregrinaxe por terra ata a Catedral de Santiago de Compostela.

Unha ruta que simboliza a travesía de «translatio» do corpo do Apóstolo Santiago, rememora a lenda do Cabaleiro das Cunchas. Este noble medieval morreu por unha lanza á beira de Bouzas, sucumbindo a súa vida no interior das augas, e traído de volta á mesma co paso do corpo do Apóstolo. Así, saíu do mar a lomos do seu cabalo recuberto de cunchas. Por suposto, o miragre foille atribuído ao mesmo Santiago.

Este singular itinerario, organizado pola Asociación de Amigos da Ruta Marítima do Apóstolo Santiago a Galicia, celebra a súa sétima edición participando ao redor de vintecinco barcos e unindo Portugal con Galicia. O percorrido ten unha duración dunha semana e o perfil de navegante son familias aficionadas ás regatas, pero que buscan algo máis tranquilo.

Ademais, supón unha promoción importante da ría de Arousa, da gastronomía e do turismo náutico. O Concello de Boiro participa nesta iniciativa porque consideran que se trata dun evento cultural notable que promove o turismo na zona e colaboran a través da organización da recepción dos visitantes facilitando a súa viaxe ata Santiago para selar a «Compostela», o certificado de acreditación da travesía de peregrinaxe.

Unha forma diferente de facer o Camiño de Santiago, aunando mar e terra co obxectivo de chegar ata a Catedral.

Salir de la versión móvil