O Concello da Pobra do Caramiñal presentará o seu proxecto para o Plan de Obras e Servizos da Deputación logo de aprobalo por unanimidade no pleno. Destinarase a totalidade da achega, 196.776 euros ao financiamento do gasto corrente, tal e como concretou a concelleira de Facenda, Charlo Varela.
A POBRA CONTARÁ CON MÁIS DE 196.000 EUROS NO POS QUE SE DESTINARÁN A GASTO CORRENTE


