Portosín acollerá a XVI edición de Basket 3×3 os días 6 e 7 de agosto. Este clásico da programación cultural e deportiva do verán no concello desenvolverase no parque durante toda a mañá e tarde.
As categorías participantes son a KIDS, a U-16, a ELITE e a MÁSTER. Así mesmo, todas elas contan con equipos masculinos e femeninos. A cota de inscrición é gratuíta, de 24 euros/equipo, de 40 euros/equipo e de 40 euros/equipo, respectivamente.
Polo de momento, hai confirmados un equipo asturiano e varios de distintos puntos de Galicia.
Este torneo naceu do Concello, aínda que na actualidade atópase organizado conxuntamente polo Clube de Baloncesto de Porto do Son e polo propio Concello.
Pola súa parte, o concelleiro de Deportes, Manuel Deán, só tivo palabras de agradecemento e sinalou que seguirán apoiando este evento.
O prazo de inscrición está aberto ata o 3 de agosto vía email a cbportodoson@gmail.com. Haberá premios en todas as categorías e prognostican unha alta participación.
https://www.youtube.com/watch?v=Ap_JtWsK-eg