O presidente galego, Alfonso Rueda, anuncio onte tras o Consello da Xunta que se crearán 9.500 prazas para estudar Formación Profesional nos dous próximos cursos, dentro do Plan Conecta FP Galicia, que conta cun investimento de 30,7 millóns de euros. O obxectivo é deseñar ofertas de FP que se adecúen ás demandas dos sectores.
A XUNTA CREA 9500 PRAZAS PARA FORMACIÓN PROFESIONAL DENTRO DO PLAN CONECTA FP GALICIA QUE BUSCA AXUSTAR A OFERTA DE PRAZAS COA DEMANDA REAL DAS EMPRESAS


