Deportes

ESTA FIN DE SEMANA A PREFERENTE VIVIRÁ UN DERBI DE NECESIDADES, XA QUE O NOIA E O UNIÓN PRECISAN A VITORIA.


A vixésimo segunda xornada da Preferente contará cun prato especial: o derbi entre o Noia e o Unión. O Julio Mato acollerá este encontro no que os dous equipos precisan sumar unha vitoria para alcanzar os seus obxectivos. E o Boiro busca manter a súa boa dinámica no partido no que se medirá ao Residencia a domicilio.

O Noia, que ocupa a segunda posición do grupo Norte, suma unha derrota e un empate nas últimas xornadas, polo que a vitoria é imprescindible para seguir por diante do Boiro, ao que avantaxa nun punto. O Unión atópase na parte oposta da clasificación xa que é antepenúltimo logo de encadear catro derrotas seguidas. Para os rianxeiros gañar permitiría achegarse á permanencia, que agora mesmo está a cinco puntos. O cadro dirixido por Iván Carril afronta este partido con fame, logo de empatar co Mugardos, mentres que os de Asados queren rachar dunha vez coa súa dinámica negativa que se ampliou a pasada fin de semana contra o Pino. O domingo ás 17.00 os dous equipos da comarca mediranse no Julio Mato nun intenso duelo polos tres puntos.

Mesmo obxectivo que perseguirá o Boiro no seu partido. Os xogadores dirixidos por Anxo Casalderrey mediranse ao Residencia no campo rival, nun enfrontamento no que se verán as caras o terceiro e o undécimo clasificado. Os boirenses chegan a esta cita lgo de gañar os seus últimos dous partidos, o derradeiro a pasada fin de semana nun igualado choque contra o San Tirso. Pola súa banda, o Residencia venceu pola mínima ao Victoria. O Boiro buscará ampliar a súa racha positiva para apertar máis se cabe os primeiros postos da preferente. E o fará este domingo a partir das 18.15, cando comece a rodar o esférico no campo da Cheda.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.